Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Casa Paco participa no XVIII Torneo de Fútbol 7 Vicente del Bosque en Madrid

RR_Noticias

A localidade madrileña de Humanes celebra unha nova edición do Torneo de Fútbol 7 de categoría benxamín e alevín, que leva o nome do seleccionador nacional, Vicente del Bosque. O club redondelán foi convidado un ano máis a esta cita, e o seu primeiro encontro será mañá xoves fronte ao Atlético Leganés.

O evento está considerado un dos mellores torneos de fútbol base da zona sur madrileña, e dispútase durante o xoves 1 e o venres 2 de maio no campo de fútbol Emilio Zazo. O torneo arrincará mañá para Casa Paco Alevín ás 18:50 fronte ao Atlético Leganés, o seu seguinte rival será Humanes B ou Xetafe, dependendo do seu resultado. O ano pasado en categoría benxamín, os redondeláns foron capaces de chegar até a final de consolación. Entre os demais equipos participantes atópanse o Raio Vallecano, CD Lugo, CD Móstoles, o Arroyomolinos e o Humanes A e B. Aproveitando a estancia na capital de España, o club redondelán tamén disputará algún outro encontro amigable aínda pendente de confirmación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará