Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O plan director da Rede Natura da Xunta non convence á Plataforma en defensa da enseada

RR_Noticias

Demandan a desafección de todo o litoral da enseada e o traslado das fábricas situadas no litoral a polígonos industriais e reclaman tamén o saneamento integral da ría e acabar cos problemas de contaminación e vertidos. Unhas demandas que trasladaron recentemente á candidata do BNG ao parlamento europeo Ana Miranda nunha xuntanza celebrada en Redondela.

O goberno autonómico aprobaba o pasado mes de marzo o plan director da Rede Natura que afecta a 400.000 hectáreas de terreo repartidas por 215 concellos de toda Galicia e que segundo a Xunta “busca garantir a máxima protección e o desenvolvemento dos cidadáns que viven nas zonas afectadas”, entre elas todo o litoral da enseada de San Simón. Un compromiso que diferentes formación políticas e asociacións ecoloxistas aseguran que non cumpre xa que incluso denuncian que en dito plan se rebaixe a porcentaxe de espazos protexidos “que no caso de Galicia non pasa do 12% do seu territorio por debaixo da media europea do 18% e moi por debaixo da media estatal onde a superficie protexida no seu conxunto xa vai polo 27%” Por este motivo, dende a Plataforma solicitan unha xuntanza cos responsables autonómicos para analizar polo miúdo o documento e analizar en que medida afecta ao noso litoral Outra das demandas da Plataforma é a desafección de todo o litoral da enseada dependente da Autoridade Portuaria de Vigo e o traslado progresivo das fábricas situados no litoral a polígonos industriais.  

Antonio Lores Plataforma en defensa da enseada
Entende que o Plan director da Rede Natura debería ser avaliado
Retirar as empresas do litoral
Unha demanda reiterada por parte da Plataforma dende hai anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará