Fajardo xa visitara a zona hai un ano para interesarse polas demandas dos veciños e hoxe ten previsto trasladarlle as xestións realizadas desde o grupo parlamentar de AGE así como ver novas iniciativas parlamentarias para solicitar a retirada do transformador no lugar.
A instalación eléctrica levantara unha importante contestación veciñal pola preocupación dos residentes polos posibles prexuizos que a súa posta en marcha causaría á súa saúde. Na zona viven unhas corenta familias que reclaman a retirada do transformador por entender que existen outros espazos máis axeitados para colocalo lonxe das vivendas e do parque infantil existente no lugar.
A visita de hoxe será ás 17,00 horas no lugar da Portela.