Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican a “privatización” do aparcadoiro do campo da feira

RR_Noticias

A proposta de regular os aparcadoiros no entorno próximo ao mercado de Redondela cun sistema de barreiras supón para o BNG “un novo episodio dos intentos por privatizar o aparcadoiro, un intento que dende o PP xa fixeran o ano pasado e que ante a contestación veciñal disfrazan agora como un medio para regular o tempo de estacionamento”.

A decisión do goberno local de regular o aparcamento cun sistema de barreiras que limitaría o estacionamento gratuíto a unha hora e media e obrigaría aos condutores a abonar unha taxa superado ese tempo é, para os nacionalistas, unha privatización encuberta dese espazo.
Consideran que os argumentos dados en canto ás lagoas sobre o control da zona azul, caen polo seu propio peso. “O único claro, é que nunca tiveron vontade por facerlle un seguemento aos aparcadoiros, nin neste espazo nin no resto dos cascos urbanos de Redondela, Chapela ou Cesantes, básicamente porque lles ía supoñer un conflicto”.
Para o BNG a mellora da calidade de vida dos veciños pasa pola eliminación do tráfico particular motivo polo que apostan por un Plan de Mobilidade no que se reduzan os pequenos desprazamentos, se fomenten outros vehículos alternativos, se mellore o transporte de viaxeiros e por establecer sentidos únicos tamén nas parroquias. Reclaman ao goberno local a posta en marcha dun plan de tráfico que camiñe nese sentido.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará