Varón Dandy é o suxestivo título elixido por estes mozos de Redondela que se subirán aos escenario o vindeiro sábado día 17 para presentar o que é o seu primeiro disco cun concerto que se vai celebrar na Discoteca Diva. O prezo da entrada é de 3 euros. Por sete euros máis os asistentes poderán levarse o disco.
Varón Dandi é para moitos unha colonia mítica grazas tamén aos seu anuncios televisivos, unhas referencias ao “home varonil de pelo en peito” que teñen en mente tamén os compoñentes do grupo Los Walter Mathaus que decidiron botar man deste nome xa clásico para dar título ao que é o seu primeiro disco e que presentarán este sábado na Discoteca Diva. El universo en tu sien, Heredarás, La ciudad, En mi habitación e así ata once títulos todos eles de rock and roll, letras algunhas das cales teñen xa 20 anos de historia mentres que outras están recen escritas e para cuxa gravación contaron coa colaboración de músicos como Alberto Vilas ou Nado Lago, entre outros.