Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela estará no Campionato Autonómico de traiñeiriñas logo da prata no Territorial Sur

RR_Noticias

Coas finais do Campionato Territorial sur, celebradas onte pola mañá na enseada de Meira, disputouse tamén de forma simultánea a XXIX Bandeira Concello de Moaña de traiñeiriñas, onde as mozas de Samertolaméu levaron a feminina e os remeiros de Tirán a masculina. As redondelás, na segunda posición, clasificáronse para o Campionato Autonómico que se disputa a próxima fin de semana no mesmo marco.

Foron as de onte tres finais moi loitadas e sen reservas e nas que os remeiros ofreceron a súa mellor cara, nunha xornada de sol e augas en calma. Na final feminina Samertolaméu foise a por a vitoria desde o primeiro momento. Chapela non lle perdeu o cara pero non puido co poderoso ritmo que impuxeron as loacis. Seis segundos mantiveron de vantaxe nos parciais, pero na última recta as mozas de Arealonga forzaron ritmo e achegáronse ás de Meira. Cruzou a meta Samertolaméu como campioa e Chapela segunda, a un barco de distancia. Logo Mecos e Tirán conquistando estas catro embarcacións a súa praza para estar a próximo fin de semana no Autonómico, que se vai a disputar no mesmo escenario. O Club de Remo de Cesantes quedou ás portas ao clasificarse na quinta praza na categoría xuvenil masculina.
Resultados:
Absoluto femenino: 1. Samertolaméu, 15.03:62; 2.Chapela, 15.06:26; 3. Mecos, 15.44:36; 4. Tirán, 15.49:49; 5. Vila Cangas, 16.11:86.
Juvenil masculino: 1. Mecos, 14.30:78; 2. Tirán, 14.38:62; 3. Robaleira, 14.59:15; 4. Ría Marín, 15.16:94; 5. Cesantes, 15.35:15.
Absolutos masculinos: 1. Samertolaméu, 13.28:25; 2. Tirán, 13.32:22; 3. Amegrove, 13.44:53; 4. Moaña, 13.46:88; 5. Vilaxoán, 13.47:56.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará