Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela busca en Meira o pase para o Campionato de España de Traiñeiriñas

RR_Noticias

A enseada de Meira é a protagonista da temporada de remo en Galicia. Logo de acoller o campionato provincial, esta fin de semana será o escenario da proba autonómica. As mellores embarcacións deste Campionato Galego clasificaranse para a cita estatal, que tamén se disputará en Meira os próximos días 31 de maio e 1 de xuño.

No Club de Remo de Chapela están convencidos de que acadarán o pase “sen problemas” xa que a embarcación redondelá da categoría Absoluta Feminina é, xunto con Samertolameu, a máis competitiva do panorama galego. De feito, nas regatas disputadas ata o de agora os dous barcos foron alternándose no podio con moi pouca diferenza nos tempos. As regatas clasificatoria serán o sábado 24 a partires das 17.30 horas, e a final o domingo 25 desde as 11.30 horas. A proba estatal será unha semana máis tarde, coa presenza xa de embarcacións da cornixa cantábrica. Prado advirte que chegarán “con ansias de desquite” logo de que as redondelás se fixeran co título estatal de bateis. O feito de que todas as competicións se celebren en Meira favorece ós intereses do club de Chapela, xa que evitan os longos desprazamentos. Julio Prado, presidente do Club, sinala que a viaxe a Santander para o Campionato de España de Bateis xa foi “un forte desembolso” para as maltreitas arcas da entidade. Prado salienta tamén as boas condicións que reúne o campo de regatas, con características moi semellantes en todas as súas rúas. A proximidade con Chapela favorece ademais que os afeccionados do club poidan desprazarse tamén para arroupar ás deportistas redondeláns, que compiten “case coma si estiveran na casa”.  

Julio Prado presidente do club
En Chapela confían en que a embarcación feminina se clasifique para o Campionato de España xa que son as máis fortes xunto con Samertolameu.
Campo de regatas
O feito de que todas as regatas se celebren en augas de Meira favorece tamén ao C.R. Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará