A Agrupación de Electores denuncia o uso que dende o goberno local se está a facer do facebook por empregar a unha persoa “contratada para a realización de traballos culturais” para enviar mensaxes nos que solicita “ás entidades culturais a posicionarse a favor do alcalde á través do facebook”. Critican ademais que este feito se produza “en plena campaña electoral”.
En concreto a mensaxe enviada por esta persoa solicitaba a diferentes entidades que apoiasen un comentario do alcalde sobre a recentemente concedida bandeira azul á praia de Cesantes con obxectivo de superar os 100 “me gusta” no facebook.
Dende AER entenden que non é de recibo que “a persoa contratada polo alcalde para a xestión cultural do Concello se dedique a coaccionar ás entidades culturais para posicionarse a favor do alcalde en plena campaña electoral” e pregúntanse si é “unha prioridade do goberno local xogar ás redes sociais”.