Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iván Crespo: “Jacobo Montes é a primeira opción para o Choco, pero xa temos un plan B”

RR_Noticias

O presidente da Xunta Xestora do club eloxia o traballo do adestrador, referendado polos excelentes resultados do equipo. Crespo recoñece que a Montes lle poden chegar ofertas doutros equipos grazas á boa campaña co Choco, polo que a directiva xa manexa “un plan B”. Sen querer revelar quen sería o posible substituto no banco de Santa Mariña, ofrece algunha pista ao advertir que seguirán apostando por xente “da casa”.

O Choco rematou a temporada na sexta posición da Terceira División, un resultado que superou todas as expectativas e co que non contaba “nin o máis optimista” dos afeccionados. Crespo amosa a súa satisfacción polo resultado, que atribúe ao traballo “ben feito” por parte de todos. Implica no proceso tanto corpo técnico como xogadores, o apoio da afección o traballo da directiva empeñada en facer un proxecto “redondelán”, coa implicación da cidadanía e xente “da casa”. Agora teñen que poñerse a traballar na próxima temporada coa incerteza do futuro dalgúns xogadores, como Yerai, logo dos rumores que o vinculan a próxima temporada ao Pontevedra, aínda que non hai nada firme. Outros, como Pablo Couñago ou Caloi xa están definitivamente fóra do club, logo de fichar polo Honka, de Finlandia. O presidente asume que terán que contar con reforzos, e niso traballan, pero advirte que “non farán tolemias” que prexudiquen á situación económica do club. En canto ó adestrador, Jacobo Montes, recoñecen que é “normal” que lle saian pretendentes logo desta excepcional temporada, na que foi elixido mellor adestrador da categoría. Con todo, no club farán “todo o posible” para que siga no Choco, xa que é a súa primeira opción. De non ser así xa terían designado a un substituto, aínda que rexeitan desvelar o seu nome, polo de agora. O que si confirma Crespo e que seguirán “na mesma liña” coa aposta por xente “próxima ao club”. Será nos primeiros días de xuño cando se tome a decisión en función do futuro de Montes. Agora outra das preocupacións da directiva é o estado do Campo Municipal de Santa Mariña, que continúa coas obras de reforma. Os traballos obrigáronlles a comezar a pasada liga xogando como locais en Soutomaior, e a carecer dunha grada onde acubillar ao público que asiste aos partidos. Agora os están na recta final, e confían en que estean rematados para o mes de xullo, cando comeza a pretenporada.  

Iván Crespo presidente
Valora esta temporada como excepcional grazas ao traballo de todos.
O futuro de Jacobo Montes
No club farán todo o posible porque siga pero xa teñen ao posible substituto.
As obras en Santa Mariña
Os traballos de reforma do campo rematarán este verán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará