Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Europa alerta da mala calidade da auga na praia de Arealonga

RR_Noticias

A praia de Chapela atópase entre os 30 trinta areais de Galicia que segundo un informe da Axencia Europea de Medio Ambiente, elaborado con datos de 2012 e 2013, presenta unha mala calidade das súas augas para o baño. Unha negativa cualificación que comparte tamén na ría de Vigo a popular praia de Samil.

A deficiente calidade nas augas da praia de Arealonga, principal areal na parroquia de Chapela, contrasta notablemente coa recentemente bandeira azul concedida ao areal da A Punta en Cesantes. Dúas praias moi concorridas no concello de Redondela pero cuxas augas presentan unha calidade ben diferente se atendemos a estas informacións.
Neste caso é un informe divulgado pola Axencia Europa de Medio Ambiente en base a datos dos anos 2012 e 2013 no que subliñan a mala calidade que presentan un total de 30 praias de toda a comunicade. Entre elas atopamos dous areais na Ría de Vigo: un tramo da praia viguesa de Samil e a principal praia de Chapela, o areal de Arealonga. As súas augas reciben nos dous casos a cualificación de “pobre”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará