Un home duns 70 anos de idade e veciño de Vigo falecía na tarde de onte logo de ser atropelado por un tren que circulaba en sentido Vigo. O suceso producíase ás 19:45 horas no barrio de A Formiga en Cedeira, cando o home accedeu ás vías nun tramo sen protección e foi golpeado polo tren.
O suceso obrigou a cortar a circulación ferroviaria durante vinte minutos e afectou a catro trens de media distancia e un Intercity procedente de Madrid . Os veciños da zona explicaron que o home, de entre 70 e 80 anos de idade, chegou en taxi ao lugar minutos antes de ser atropelado. Apuntan ademais que na semana pasada estivo tamén no lugar . A comisaría de Vigo investiga agora o acontecido.