A Conselleira de traballo e benestar, Beatriz Mato anuncio hoxe a concesión deste obradoiro para 19 alumnos en situación de desemprego cun orzamento de 170.000 euros. Mato indicou que o programa ofrece unha formación teórica e práctica “de calidade, orientada ás necesidades reais do mercado laboral e vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade de validez nacional”.
A Consellería de Traballo e Benestar desenvolverá cinco obradoiros de emprego no área xeográfica das comarcas de Vigo, O Condado e Val Miñor cun orzamento de preto de 900.000 euros e que beneficiarán a 100 alumnos.
En Redondela impartiranse as especialidade de xardinería e deseño gráfico, dous obradoiros nos que se formarán 19 alumnos e nos que se investirán 170.000 euros.
Ademais do de Redondela, tamén se aprobaron, na comarca de Vigo, os obradoiros de Mos para as especialidades de contería e carpintería e Porriño, con 19 alumnos e 170.000 euros para as especialidades de electromecánica de mantemento, animación sociocultural e limpeza de inmoble.