A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch e o alcalde Javier Bas xunto a outros concelleiros do goberno visitaron na mañá de hoxe as obras que se están a executar coa subvención outorgada pola Consellería de Medio Rural e do Mar. A actuación consiste na pavimentación da nova rede de saneamento e mellora de pluviais da estrada do Cruceiro, dende o cruzamento do camiño Albarronda ata o camiño da Condesa Torrecedeira.
O investimento subvencionable pola Administración autonómica é de 37.847 euros mentres que o goberno local faise cargo do pago do IVE. A obra conta cun prazo de execución de dous mes, co que se espera que estea rematada nas vindeiras semanas.
En definitiva, a través de distintos programas de axudas ao medio rural, o Concello de Redondela recibiu nos últimos anos preto de 188.000 euros para diversas actuacións en zonas rurais do municipio. Por poñer un exemplo, realizáronse melloras no barrio de Nogueira, camiño A Buraca ou no camiño Gándara, entre outros.