O Torneo desenvolverase entre o 30 de Xuño e o 27 de Xullo, sempre condicionado polas condicións meteorolóxicas. Os equipos que queiran participar deberán abonar 100 euros máis 30 de fianza. Como novidade este ano a organización decidiu repartir entre todos os equipos unha bolsa económica de xeito que aqueles que se inscriban antes do día só terían que abonar 80€ + 30€ de fianza.
Como todos os anos haberá trofeos aso catro primeiros clasificados e galardóns especiais ao equipo menos goleado, ao mellor xogador, ao máximo goleador e á deportividade.
A inscrición poderá realizarse na Cafetería Aifos de Redondela, ou ben poñéndose en contacto no mail f.s.redondela@hotmail.es ata o día 26 de xuño.