Á espera de coñecer se poden aspirar a ocupar algunha vacante na División de Honra Prata, polo de agora o equipo de Chapela prepara a próxima campaña na Primeira Nacional. O presidente, Manuel González Soto, amósase satisfeito co rendemento dos xogadores e do adestrador, Fran Teixeira, que xa negocia varios reforzos para o curso 2014-2015.
A fase de promoción para evitar o descenso disputada en Pozoblanco foi “un despropósito” a xuizo de Soto, que lamenta a mala organización e a falta de previsión, que os obrigou a cruzar a península “case sen tempo”. Logo as arbitraxes, segundo denuncia, fixeron o resto, deixando fóra da Divixión de Prata ao equipo redondelán. Con todo, no club non descartan poder repetir categoría no caso de que algún club renuncie a militar nesa liga, ou ben por arrastres de Asobal. En todo caso, no equipo contarán “con dous ou tres reforzos” xa que e o plan é manter o actual plantel e darlle continuidade ao traballo de Fran Teixeira. Na directiva amósanse satisfeitos con rendemento dos xogadores e do adestrador, no que confían “plenamente”.