A asociación Andanina organiza este martes unha charla sobre as terapias asistidas con cans, a cargo da asociación Ramalladas. As terapias consisten en aproveitar aos cans como instrumentos de mellora e tratamento da saúde e do benestar de diferentes colectivos da poboación, xa sexan anciáns, persoas con algunha discapacidade ou menores con hiperactividade, entre outros. A cita é ás 18.00 horas con entrada libre.
Juan Freire, presidente e terapeuta-guía de Ramalladas, centro pioneiro neste tipo de tratamentos, leva anos traballando como educador canino e estudando a interacción entre os animais e as persoas. Contan ademais con psicólogos, sociólogos e terapeutas que lles permiten incluír o traballo con cans no tratamento de diversas doenzas como o alzheimer ou trastornos de conduta, e fan actividades con nenos que presentan déficit de atención melloran ou minusválidos, tanto físicos como psíquicos. Agora traballan tamén en Redondela nun proxecto piloto con Aldeas Infantiles, no que a terapia con cans se utiliza para mellorar a convivencia e a integración dos menores, e que está a resultar un éxito. Na charla que ofrecerán esta tarde en Redondela falarán destes e doutros proxectos nos que están constatados os resultados positivos das terapias con cans. Está previsto que na presentación participe tamén algunha das cadelas coas que fan estes traballos, verdadeiras protagonistas na mellora que experimentan os usuarios co tratamento.