O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias iniciou onte a ampliación dun novo tramo da estrada á praia de A Punta co obxectivo de facilitar que poidan cruzarse dous vehículos sen dificultade. Os traballos realizaranse en horario nocturno, dende as 22:30 horas ás 7:00 da mañá, horario no que a estrada quedará pechada ao tráfico.
Unha obra que ven engadirse a un tramo xa ampliado con anterioridade e que inclúen a construcción dun muro de pedra de 500 metros de lonxitude. Os traballos realizaranse en horario nocturno para evitar interromper o tráfico durante o día, nunha estrada que é moi concorrida sobre todo nestas xornadas nas que se anuncia un tempo espléndido para achegarse aos areais. A estrada permanecerá pechada á circulación durante as noites de luns a venres dende ás 22:30 horas ata as sete polo que se recomenda aos condutores que empreguen outras rutas alternativas neses horario..
O concello ten previsto asfaltar todo o tramo afectado polas obras en canto rematen os traballos de ampliación.