Os usuarios e clientes da praza de abastos poderán mañá achegarse a unha xornada na que se presentará un menú con produtos da praza, se poderá degustar un “pincho praceiro” e haberá obradoiros para os nenos. Unha actividades a partir das 11:30 horas enmarcadas dentro dunha campaña de promoción dos produtos do mercado.
A praza de abastos acolle este sábado diferentes actividades enmarcadas dentro da Campaña de Dinamización dos Mercados que está a desenvolver o Grupo reacción costeira Ría de Vigo a Guarda. Con esta iniciativa preténdese promocionar os mercados municipais como dinamizadores e promover tamén a excelencia dos produtos do mar incentivando o seu consumo. Guiados por biólogos amosaranse os beneficios e propiedades nutricionais dos produtos do mar mediante unha exposición na que se diferenciarán as distintas especies e se achegará aos visitantes aos distintos postos para que poidan observar como elaborar un sinxelo menú. Os máis pequenos terá o seu “Obradoiro Particular” converténdose en mariñeiros e mariscadores por un día con diferentes talleres. Finalmente os asistentes poderán gozar da degustación dun pincho praceiro.