A plataforma cidadá de Redondela organiza unha charla na que o profesor de Ciencias políticas da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo, falará sobre acción libertaria e movementos sociais. A conferencia-coloquio terá lugar na Casa da Cultura de Redondela o martes 17 de xuño as 20:00horas.
Non é a primeira vez que Taibo visita o noso concello para falar, analizar e debater cuestións de actualidade social e política. O decrecemento e a repercusión social da crise económica foron algúns dos temas que en visitas anteriores abordou o escritor e profesor de Ciencias Políticas que neste caso se centrará nos movementos sociais e a acción libertaria.