A manifestación terá lugar o sábado 21 ás 12:00 horas en Santiago de Compostela, unha acción protesta convocada pola Plataforma Galega das Marchas da Dignidade e que se fai coordinadamente con outros territorios do estado español. As persoas que estean interesadas en acudir poden facelo no autobús que sairá da praza da Farola o propio sábado ás 10:15. O prezo da viaxe é de 7 euros e a inscrición está aberta ata o xoves na Disco Taska.
Despois da marcha a Madrid do 22M, a Columna Galega das Marchas da Dignidade conxuntamente coas agrupacións do resto do Estado convocan á cidadanía a participar da mobilización que vai rodear o parlamento galego. Para facilitar o desprazamentos dos que queiran mobilizarse haberá autobuses dende diferentes puntos da comunidade. Dende Redondela sairán ás 10:15 horas da mañá do sábado. O prezo da viaxe ida e volta é de 7 euros. É preciso inscribirse previamente na Disco Taska antes do xoves ás 20:00 horas.