Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A retirada da vacina das farmacias provoca un repunte nos casos de varicela

RR_Noticias

Os pais e nais que decidían vacinar aos seus fillos contra esta enfermidade tiñan a posibilidade ata hai uns meses de obter ese medicamento nas farmacias, unha opción que a día de hoxe non existe logo de que Sanidade decidise restrinxir o acceso á vacina. En Redondela detectáronse xa varios brotes da enfermidade en colexios e garderías. Maila insistir en que se trata dunha doenza benigna a médico pediatra Pilar Martínez, cualifica de “nefasta” a xestión deste asunto por parte de Sanidade.

Martínez entende que as explicacións achegadas polo Ministerio para xustificar a retirada da vacina das farmacias son claramente insuficientes. Segundo explica non se lles achegou aos especialistas información científica contrastada e se esta a basear a decisión “nun estudo realizado nos Estados Unidos no que se concluía que as persoas vacinadas na infancia tiñan máis posibilidade de desenvolver herpes zóster ou varicela de adultos, cando a enfermidade é mais perigosa”. A pediatra entende que detrás da decisión se agochan “criterios claramente economicistas” e asegura que se están a seguir -neste e noutros casos- comportamentos erráticos que non favorecen o aforro e si a indefensión de médicos e pacientes. Pilar Martínez traslada tamén unha mensaxe de tranquilidade xa que aínda que se trata dunha enfermidade moi contaxiosa inicialmente non presenta complicacións e logo dunha semana o neno afectado recupérase completamente seguindo unhas indicacións básicas: moita hixiene, medicacións para os episodios febrís e o proído e protección solar. Malia que tanto pediatras como pais tiñan solicitado que se volvese dispensar nas farmacias polo de agora o Ministerio de Sanidade e as comunidades acordaron que se siga mantendo o seu uso exclusivamente hospitalario  

Pilar Martínez pediatra
Confirma que se está a producir un repunte nos casos de varicela na bisbarra
Retirada da vacina
Criterios sanitarios ou económicos?
Consellos e tratamentos
Unha enfermidade benigna entre os nenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará