A Comunidade de Montes retoma por segundo ano consecutivo unha liña de subvencións para axudar á compra de material escolar co obxectivo de colaborar economicamente coas familias da parroquia. As persoas interesadas deben presentar as súas solicitudes antes do 20 de xullo.
A Comunidade de Montes de Saxamonde ven de convocar estas axudas que se destinarán a familias con nenos que estean cursando segundo ciclo de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, veciños da parroquia que sexan fillos ou netos de Comuneiros.
Do mesmo xeito que o ano pasado, van destinar a este programa unha cantidade de 1000 euros, que serán repartidos en vales de 40, 60 e 90 euros, segundo o número de irmáns, para a adquisición de material escolar nun establecemento de Redondela aínda sen concretar co obxectivo tamén de dar pulo ao comercio local.
O pasado 1 de xullo enviouse a todos os comuneiros cumprida información sobre as normas que van regular este proceso. A data límite de presentación de solicitudes é o 20 de xullo de 2014 ás 12:00 horas e poderán presentarse diante do Secretario ou do Presidente da Xunta Rectora .