Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela traballa no relanzamento do Premio Blanco Amor de novela longa

RR_Noticias

Concello, Deputación e Xunta animan aos concellos a sumarse ao novo plan previsto para poñer en valor un premio dotado con 12.000 euros e que ao logo da súa historia premiou a recoñecidos novelistas galegos. O vindeiro 14 de xullo celebran unha xuntanza en Santiago.

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Redondela fan unha chamada aos concellos galegos para rescatar o Premio Blanco Amor de novela, creado en 1981 polo Concello redondelán. A deputada Ana Isabel Vázquez, o alcalde de Redondela, Javier Bas, o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, e o concelleiro de Redondela, Julio Alonso, informaron que o premio foi itinerando durante 33 anos polos concellos galegos. Neste periodo, o galardón recaeu en autores tan relevantes como Alfredo Conde, Suso de Toro, Xavier Alcalá, Víctor Freixanes, Rábade Paredes, Ursula Heinze, Fran Alonso, Xosé Carlos Caneiro, Manuel Lourenzo González ou Inma López Silva, entre outros. Escoitamos á deputada provincial Na súa 32 edición, o Concello de Ferrol foi o encargado de convocalo pero, co paso do tempo, queixouse do cansanzo organizativo e da escasa colaboración dos concellos pois apenas se puido manter o número suficiente de concellos para facer fronte aos gastos do premio, de 12.000 euros, o maior de Galicia. Alertado pola circunstancia, o Concello de Redondela ofreceuse a retomalo e relanzalo con maiores adhesións. Para eso, elaborou un plan de rescate que inclúe abrilo á participación das deputacións, con achegas de 1.000 euros; e no que os 360 concellos fraccionan a súa colaboración, según o número de habitantes, con achegas de 500, 300 e 200 euros. Javier Bas explicaba que o noso concello sentiuse “coa obriga moral de implicarse de cheo no reforzamento deste galardón” Pola súa banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Administración Local, que dirixe o tamén redondelán Alberto Pazos, achegan tamén a súa colaboración técnica, loxística e económica para que o poidan organizar os concellos galegos. Alberto Pazos salientaba que “os pobos se empobrecen por moitos motivos pero un dos máis tráxicos é a perda da súa cultura”. Alberto Pazos chamou á participación pois, según dixo, o Premio Blanco Amor non é únicamente un premio literario senón un xeito de facer país. O vindeiro 14 de xullo, o Concello de Redondela convocou unha xuntanza na Cidade da Cultura, en Santiago, con todos os concellos de Galicia para artellar a nova configuración e sistema organizativo do premio Blanco Amor. O premio Blanco Amor é de novela longa (máis de 150 páxinas) e tema libre. O prazo de entrega dos orixinais conclúe o 1 de setembro e o fallo do xurado terá lugar en outubro. Está dotado con 12.000 euros.  

Ana Isabel Vázquez deputada provincial
Anima aos concellos a seguir o exemplo de Redondela
Javier Bas alcalde
Necesidade de reforzar o premio literario
Alberto Pazos Director Xeral
Evitar a perda dun premio importante para a nosa cultura
Facer país
Fala da singularidade destte premio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará