Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma esixe o peche inmediato de Aucosa tras anular o Supremo a licencia ambiental

RR_Noticias

Solicitarán unha reunión cos responsables da Consellería de Medio Ambiente para que esixa a empresa que peche as instalacións que a conserveira ten en Punta Chapelisa, dentro do espazo natural protexido pola Rede Natura 2000 e cuxa licencia de Autorización Ambiental, concedida pola Xunta malia os informes en contra do propio Concello, ven de ser anulada polo Tribunal Supremo.

A sentenza da a razón á Plataforma no contencioso-administrativo presentado contra unha resolución da Consellería de Medio Ambiente que outorgaba a licencia ambiental a esta fábrica de fariñas e aceite de peixe ubicada en Rande. O tribunal Supremo ratifica así unha resolución anterior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do 2011 que xa anulaba ás autorizacións concedidas pola Xunta para a instalación desta fábrica nun espazo natural protexido incluído na Rede Natura 2000 O goberno galego concedera esta licencia ambiental malia as alegacións presentadas pola Plataforma e en contra do propio informe do Concello que recollía a incompatibilidade de que se lle concedese este permiso a unha empresa que debía estar suxeita ao regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. O presidente da plataforma, Antonio Lores, amosa a súa satisfacción porque logo dun longo proceso de cinco anos a xustiza lles dea a razón e insta a que a Xunta actúe de xeito inmediato e esixa o traslado da empresa a un lugar máis axeitado a súa actividade. Lembra ademais que os veciños do lugar levan anos denunciando os cheiros que emite esta factoría o que lle obriga a ter as fiestras pechadas.  

Antonio Lores presidente Plataforma da Enseada
Aucosa debe pechar ou trasladarse logo da sentencia do Tribunal Supremo
Longo proceso xudicial
Cinco anos de loita nos xulgados
Satisfacción veciñal
Os veciños tiñan que soportar cheiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará