O corredor da escola de ciclismo Condisoil, Daniel Rodríguez ven de proclamarse Subcampión de España no campionato escolar de ciclismo, unha proba de 58 quilómetros disputada en Jaén. Tamén lograron postos destacados Elsa Portela e Noelia Sérrano. Os corredores eran recibidos pola alcalde, Javier Bas e o concelleiro de deportes, Jesús Crespo. Uns éxitos deportivos “froito do traballo e da constancia” tal e como salientaba o director deportivo do club, o ex ciclista profesional Marcos Sérrano.
A Escola de ciclismo Redondela, fundada por Sérrano hai tan só algo máis dun ano está de aprabéns logo de que un dos seus corredores, Daniel Rodríguez se fixera co segundo posto no campionato escolar de ciclismo, no que participaron tamén representando a Galicia outras dúas corredoras da Escola, Elsa Portela e Noelia Sérrano. Unha rapazas que non son excepción nesta escola na que hai unha importante presenza feminina. De feito, Sérrano apunta que dos 28 nenos que participan hai un total de 8 rapazas “unha porcentaxe impensable cando eu era neno”. Un incremento no número de mozas que practican este deporte na nosa vila que é tamén froito da labor de captación que se fai nos colexio a través de actividades extraescolares. Os corredores eran recibidos onte polos responsables do goberno local. O concelleiro de deportes, Jesús Crespo agradecía a presenza dos deportistas e aplaudía o súe traballo por ser “todo un orgullo recibir a tres mozos que representan a Redondela na selección galega”. O alcalde felicitaba o esforzo que hai detrás da escola e salientaba que se estean a celebrar “éxitos tan importantes con tan só ano e medio de vida”. Un éxitos que demostran o bo momento que está a vivir o deporte do pedal entre os máis pequenos.