Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O festival da Escola de baile de Chapela reúne no escenario a máis de 70 bailaríns

RR_Noticias

A Escola de Baile da Asociación Cultural e Social de Chapela celebra o próximo sábado 19 de xullo ás 20 horas no auditorio do Multiusos do Piñeiral do Crego a X edición do seu festival de baile no que non faltará a música e o cabaret.

Serán máis de 70 bailaríns os que participen nun espectáculo de baile en distintas modalidades. Un festival que nesta edición chega cargado de novidades xa que contara co actuación entre outros do grupo infantil da escola, con rapaces a partir de 4 anos que serán os encargados de poñer en escena a modalidade de baile moderno. O grupo de canto “Estudo Lírico” da Escola de Música de Chapela porá ás voces neste espetáculo.
Os grupos de teatro de Chapela e Ventosela, serán os encargados de que o espectáculo de cabaret non falte neste escenario, e por suposto o festival tamén contara con ritmos mais clásicos como bailes de salón, ritmos latinos, pasodobres ou boleros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará