Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xavier Vence participa dos actos comarcais do día da Patria que o BNG celebra en Redondela

RR_Noticias

Adiantan a celebración do día da Patria ao xoves 17 de xullo a partir das 20:15h na Alameda cun acto no que participará o portavoz Nacional, Xavier Vence. Farase unha ofrenda floral no monumento a Castelao polo 70 aniversario da publicación de Sempre en Galiza.

Co gallo Do Día da patria o BNG está a celebrar en toda Galicia unha serie de actos que na xornada de hoxe se van desenvolver en Redondela. Un acto de marcado carácter simbólico a partir das 20:15 horas que terá lugar na Alameda ao pé de Castelao nun ano no que coincide o 70 aniversario da publicación do Sempre en Galiza “obra clave na formulación do ideario nacionalista que o BNG asume e por outra banda” o 40 aniversario da chegada dos restos mortais de Castelao a Galicia.
Na celebración da Alameda intervirá Jessica García, militante de Galiza Nova de Redondela, o responsable comarcal, Manuel Caride; Cecilia Pérez, como voceira municipal e o voceiro nacional, Xavier Vence.
Trátase dun acto aberto á participación de veciños e veciñas, colectivos e asociacións, polo que todos están convidados. Haberá espazo para un pequeno agasallo, para todos aqueles que estean presentes nesta celebración.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará