Dende o club fan un chamamento aos seguidores a apoiar aos remeiros redondeláns que non están a vivir o seu mellor momento. Logo da renovación do equipo, son sétimos na clasificación xeral e a once xornadas para rematar a tempada márcanse como obxectivo a permanencia. Oito embarcacións daranse cita ás 12.00 horas do domingo no Paseo de Cardona, onde parten como favoritas as embarcacións de Meira e Amegrove
O Club de Remo de Chapela organiza este domingo a XXVIII Bandeira Concello de Redondela correspondente á quinta xornada da Liga Galega de Traiñeiras A na que participarán oito embarcacións. Os chapeláns agardan acadar unha bo resultado na casa aínda que recoñecen que esta non está a ser a súa mellor tempada. Logo de renovar o equipo, están nun proceso de adaptación, segundo apunta o Presidente do Club, Julio Prado, o que fixo que se atopen por baixo na clasificación con respecto a anos anteriores, son penúltimos, con oito puntos. Malia todo, Prado lembra que aínda quedan once xornadas por diante e que os remeiros xa se están adaptando polo que confía en evitar o descenso e rematar de sextos na clasificación. Ás doce do mediodía sairán do paseo de Cardona as embarcacións de Amegrove, Mugardos, Ares, Samertolameu, Vilaxóna, A Cabana, Puebla e Chapela. Parten como favoritos os remeiros de Meira e Amegrove.