Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas súmase a unha iniciativa da Deputación para demandar o mantemento do partido xudicial

RR_Noticias

O alcalde de Redondela, Javier Bas, xunto cos alcaldes de Lalín, A Estrada, Pontevedra, Caldas de Reis, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Marín, Cangas de Morrazo, Vigo, Porriño, Ponteareas e Tui e o presidente da Deputación solicitan a Gallardón que paralice a tramitación da reforma xudicial que centraliza la administración de xustiza nas capitais de provincia e suprime o resto dos partidos xudiciais.

Entre as razóns esgrimidas para solicitar que “o Ministerio de Xustiza paralice a reforma da planta xudicial e realice un estudio pormenorizado do mapa xudicial, que teña en conta as opinións dos concellos e das institucións e entidades de todo tipo, e que desemboque nunha Lei acorde coa realidade, coa particularidade e co futuro da nosa provincia” apuntan no seu escrito as características propias da nosa comunidade en xeral e da nosa bisbarra en particular.
Insisten en que Galicia e a provincia de Pontevedra, con dúas grandes cidades, teñen unha configuración poboacional e de núcleos de asentamento territorial que as distingue fronte a outras comunidades e provincias do Estado.
Apuntan tamén que o Proxecto de Reforma da Planta Xudicial suporia, de modificarse o actual mapa de partidos xudiciais “un perxuicio evidente a vista do indudable efecto vertebrador que a actividade Xudicial implica nas zonas onde se desenvolve actualmente”.
O partido xudicial de Redondela é un dos 45 nos que se divide Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará