Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Samertolaméu faise coa XXVIII Bandeira Concello de Redondela disputada en augas de Chapela

RR_Noticias

Os anfitrións, que non están a pasar polo seu mellor momento mergullados nun proceso de renovación do equipo, mantéñense na sétima posición na clasificación xeral logo de entrar tamén no sétimo lugar na regata disputada na mañá de onte fronte ao paseo de Cardoma.

A tripulación de Samertolaméu amosou a súa superioridade absoluta na XXVIII bandeira Concello de Redondela sumando un novo triunfo e reforzando o seu liderato na división A da Liga galega. Os remeiros de Meira sumaban así a súa cuarta vitoria nas cinco regatas disputadas na categoría demostrando a súa superioridade ante uns adversarios que non lograr facerlle sombra. Os remeiros de Amegrove e Mugardos entraron en segundo e terceiro posto respectivamente. Os de Chapela mantéñense sétimos na clasificación xeral logo de non lograr superar esa posición na regata de onte. Os de Chapela están a pasar por un momento de adaptación logo de renovar o equipo, o que fai que se atopen nunha situación moi por baixo da ocupada en anos anteriores. Dende o club o seu presidente Julio Prado confía en poder mellorar esa posición no que queda de tempada e salvar así a categoría.  

Julio Prado remo Chapela
A permanencia é o obxectivo desta tempada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará