Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a fase final do Mundialito da Xunqueira

RR_Noticias

A pista da Xunqueira acolle hoxe martes a partir das 21:00 horas os encontro correspondentes a cuartos de final. Os partidos previstos enfrontarán a O Chusco D´Guay-Celtic Luada, Rodavigo-MVG 009, Cafetería Nordes-Degal San Marcos e Amigos del Balón-Opel Fimauto.

Unha competición que arrancaba o pasado 30 de xuño coa participación dun total de 24 equipos e que fiel ao seu espírito desenvolveuse con moita deportividade e con éxito non so a nivel deportivo senón sobre todo de público, con bancadas ateigas de xente de todas as idades que volverá repetir na xornada de hoxe na que se celebran os encontros correspondentes a cuartos de final. Non hai grandes sorpresas en canto aos clasificados segundo explicaba Julio Mougán responsable do Redondela F.S. “agás o equipo MVG que malia a xuventude dos seus xogadores logrou chegar a esta fase xunto a equipos que repiten”. Os gañadores dos encontros que se disputarán hoxe martes a partir das 21.00 horas na Pista da Xunqueira enfrontarse o xoves en semifinais. A final vivirase o sábado ás 22:00 horas e previamente, ás nove, disputarase o terceiro e cuarto posto.  

Julio Mougán presidente Redondela F.S.
Divertirse e facer deporte son os obxectivos dos que participan no Mundialito
Cuartos de final
Hoxe marttes dispútanse os catro paridos desta fase eliminatoria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará