O concelleiro responsable do departamento Miguel Angel Álvarez Ballesteros asegura que as fontes do Camiño de Santiago si están a ser analizadas de xeito periódico mentres que o resto non están sometidas a ese control porque non hai ningunha empresa que queira asumir o servizo malia que se ten sacado a concurso en varias ocasións.
Unha falta de control que días atrás era denunciado polo BNG a quen o goberno local acusa de “alarmista” ao facer públicos datos que non se corresponden coa realidade “xa que o BNG aseguraba que as fontes levan máis de tres anos sen analizarse cando no 2012 houbo unha empresa contratada que se encargaba de realizar estas análises”. Alvarez Ballesteros insiste en que as fontes do municipio non presentan ningún risco para a saúde e subliña que tan só a da Praza de Santiago e a praza de Ponteareas manteñen o cartel de “auga non potable” porque presentaron anomalías en varias analíticas, pero que no resto dos casos a auga da fontes públicas é apta para o consumo. “Estaríamos preocupados se houbera algún indicio de contaminación, pero non é o caso” conclúe o edil.