Logo de practicamente un mes de fútbol, a XL edición do Mundialito da Xunqueira chegará ao seu remate este sábado, data na que está previsto que se celebre unha gran festa do deporte coa final do torneo e a entrega de trofeos. Na xornada de hoxe xoves terán lugar os partidos correspondentes a semifinais.
Esta tarde a partir das 21:00 horas está previsto que arranque o primeiro dos encontros que enfrontará aos equipos O Chusco D,Guay-Celtic Luada. A continuación mediarán as súas forzas os xogadores de Rodavigo e Amigos del Balón. Os catro equipos teñen como obxectivo chegar á final que terá lugar o vindeiro sábado, xornada na que se celebrará a clausura dun campionato que celebrou este ano a súa corenta edición coa participación dun total de 24 equipos.