Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP Provincial reúnese esta tarde en San Simón

RR_Noticias

O presidente provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, reúne hoxe luns pola tarde na Illa de San Simón, á Xunta Directiva do partido, formada por alcaldes, voceiros, deputados, senadores e outros cargos, na que será a última xuntanza dos populares antes das vacacións de agosto. O obxectivo de ter elixido este lugar é “para promover a illa e darlla a coñecer aos membros da xunta Directiva que nunca tiveran a oportunidade de visitar este lugar.

Vai ser a primeira vez que a Xunta Directiva Provincial se reúna neste lugar e fano, non só para promocionar a Illa e darlla a coñecer aos membros da Xunta Directiva que nunca tiveron antes oportunidade de visitar este lugar, senón tamén en sinal de apoio ao alcalde popular de Redondela, Javier Bas, que pese a estar gobernando en minoría é capaz de xestionar o concello “dunha forma exemplar”.
Está previsto que na reunión de traballo Louzán expoña as conclusións das reunións comarcais que se viñeron celebrando durante o mes de xullo cos alcaldes, voceiros e presidentes locais e consensuaranse as medidas a adoptar polo partido a nivel provincial a partir de setembro.
Nestas reunións os alcaldes trasladaron os temas de máis relevancia nos seus concellos ou os que máis lles preocupan, e tratáronse ademais de actualidade e políticos así como as eleccións municipais de 2015.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará