As diferentes asociacións de O Viso convocan a toda a veciñanza a participar nunha reunión para aportar ideas comúns e debater acerca dos posibles destinos da parte que lle correspondería a esta parroquia dos Orzamentos Participativos. Esta xuntanza realizarase na antiga escola de preescolar de Tuimil a partir das 20:00h o xoves 31.
Esta reunión lévase a cabo para que se poida coñecer de primeira man, directamente da veciñanza, as ideas, achegas e necesidades da parroquia que puidesen encaixar dentro dos orzamentos participativos, e así, poder facer unha proposta de investimentos o máis consensuada posible dentro dos orzamentos participativos que lle corresponden á parroquia. As conclusións que se recollan nesta reunión serán trasladadas ao vindeiro Consello Parroquial.