Un equipo modesto que logo de tan só dous anos federado xa ven de lograr o ascenso á liga galega. Arrancan o mes de agosto con moito traballo, xa que regresan aos adestramentos a vindeira semana na que organizan tamén o II Torneo Campito F.S. no que se poden inscribir, ata o sábado día 2, equipos de categoría base, senior e xuvenil tanto femininos como masculinos.
O ascenso do Campito F.S. á liga galega deixarano na vindeira empada interesantes derbis para os amantes desta modalidade, tendo en conta que militarán na mesma categoría que o Redondela F.S. Si no seu primeiro ano federados lograron dar o salto de local a provincial, o ascenso logrado este ano foi toda unha sorpresa para os seus responsables tendo en conta que se trata “dun equipo con xogadores moi novos”. Para a próxima tempada o seu obxectivo é claro: loitar pola permanencia e ofrecer aos seus seguidores o mellor fútbol sala posible. E aproveitando estes meses de verán organizan por segundo ano un torneo que se vai desenvolver no pavillón da parroquia entre os días 6 e 10 de agosto, con premios en metálicos e competicións en todas as categorías. Haberá tamén trofeos ao mellor xogador, ao máximo goleador, ao equipo menos goleado e á deportividade. Os interesados deben inscribirse antes do sábado día 2 de agosto.