A XV edición do Festival Internacional de Artistas de Rúa regresa a Redondela esta fin de semana con actividades para todos os públicos na tarde noite de venres e sábado. O público gozará con espectáculos chegados dende Cuba, Arxentina, Francia, Alemania e como non, Galicia. O fin de festa correrá a cargo da Banda de Música Artística de Arcade cun repertorio de cine, actuación na Casa da Torre paralela a outra proposta música, o folk das Suripantas que soará na Praza do Concello.
O obxectivo un ano máis é que o público se vai sumando ao festival e se enganche en calquera momento, xa que haberá espectáculos permanentes, como por exemplo as estatuas viventes, mentres que os de maior formato sucederanse cada media hora na Alameda. Na primeira xornada será o showman cubano Raul Martínez o encargado de iniciar as actividades ás 20:00 horas, para dar paso sucesivamente ao circo Choco, á maxia de Cayetano Lledó ou ao espectáculo Ao ritmo da Maxia da compañía Fusionarte xa as once da noite. Paralelamente os rapaces poderán participar na ludoteca A Casa dos xogos ou marabillarse coas posturas imposibles dos Xemelgos de Pompeia, chegados dende Arxentina. Xa o sábado pasarán por ese escenario aberto que é a Alemeda o showman Antuan de la Crema, o pallaso Rudy Dudy, as mesas máxicas, ou o Circo Expresso, compañía que ofrece o espectáuclo Un día de praia. Actividades que nesa xornada están moi pendentes do tempo xa que os prognósticos alertan de risco de precipitacións. En caso de choiva está previsto que as actividades se despracen a lugares cubertos como poida ser o Multiusos, o auditorio José Figueroa ou mesmo os propios soportais da casa do concello. Nesta decimo quinta edición o broche de outro correrá a cargo de dúas actividades musicais e paralelas que terán lugar na praza da Casa do Concello co folk das Suripantas e coa Bbanda de música artística de Arcade na praza da Casa da Torre na medianoite do sábado.