O mapa de sanidade detecta 34 puntos negros en zonas de costa e interior, lugares nos que se desaconsella o baño, A causa en todos os casos é a contaminación microbiana producida por residuos de fecais. No caso de Chapela o motivo podería deberse á súa proximidade coa depuradora de Teis.
A situacións dos areais do noso concello contrasta e moito, tendo en conta que a praia de Cesantes, que segundo o Concelleiro de Medio Ambiente presenta unha calidade das augas excelente, ven de recibir por primeira vez a bandeira azul, mentres en Chapela a praia de Arealonga é un dos 34 areais da comunidade nos que sanidade non recomenda o baño.
Unha clasificación sanitaria da auga que se establece en base aos datos obtidos nas análises realizadas nos últimos anos. Con todo, recentemente o responsable de medio ambiente en Redondela aseguraba que nas últimas análises os resultados confirmaban que a auga era apta para o baño.
Explicaba tamén o edil que o motivo de que nalgunhas ocasións a calidade da auga fora insuficiente debeuse a vertidos puntuais que incluso obrigaron o ano pasado a colocar a bandeira vermella no areal. Precisamente par evitar que esta situación se repita teñen previsto realizar obras en Pasán eliminar os vertidos que agora acaban nos ríos Pumariño e Maceiras que desembocan na praia.