Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide ao goberno local nha prórroga para as axudas a comedores escolares

RR_Noticias

O grupo municipal do BNG vén de solicitar ao goberno local que prorrogue a convocatoria de axudas aos comedores escolares para o curso 14/15. O escrito, presentado polo concelleiro Xoán Carlos González, quere dar resposta “á escasa marxe de tempo” que se lle deu ás familias interesadas en tramitar estas axudas económicas.

A publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases para axudas a comedores escolares do Concello de Redondela, o pasado 24 de xullo, recollían un prazo de 15 días hábiles para a presentación de toda a documentación. Para González o prazo é insuficiente para que as familias poidan cumprir con todos os requerimentos que se solicitan, circunstancia que se agrava por tratarse dunha época estival. O Bloque sinala que mesmo existen requerimentos recollidos nas bases “que non se van poder cumprir”, como os certificados dos centros educativos e das Asociacións de Nais e Pais, que este mes están pechados. Na súa solicitude o BNG demanda ao goberno de Javier Bas unha prórroga de “cando menos un mes de vixencia das bases de axuda para os comedores escolares do vindeiro curso”. Chegaríase deste xeito á primeira semana de setembro, tempo que consideran suficiente para que as familias estiveran informadas e puidera tramitarse a documentación.
Solicitude do Consello Escolar Municipal.
Por outra banda o responsábel local do BNG, Xavier Balsas tamén demandou por escrito a convocatoria do Consello Escolar Municipal, o correspondente a finais de curso, para que entre outras cousas se puxera enriba da mesa esta cuestión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará