A Consellería de Traballo e Benestar publicou onte Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación do mobiliario para o centro de día de Cesantes, cuxas obras están rematadas desde hai dous anos, malia que aínda non existe data para a súa posta en funcionamento.
O orzamento de licitación para o equipamento das instalacións é de 209.189 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80% e con fondos de compensación interterritorial que cofinancian (FCI) nun 20 %. A licitación contempla a subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento do Centro de Día. Na resolución contémplase a dotación de mobiliario diverso, cociña e lavandaría. Desde o goberno local de Redondela salientan que esta licitación ven a confirmar que estas instalacións serán destinadas a un centro de día, tal como garantiu o alcalde Javier Bas.