Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bandeira amarela na praia de Arealonga pola insuficiente calidade das augas para o baño

RR_Noticias

A Asociaicón de Veciños de Chapela remitiu onte un escrito ó Concello para denunciar a “información contraditoria” sobre o baño no areal, xa que malia que as análises da auga desaconsellan o baño, na praia ondeaba ata onte a bandeira verde. Desde o Concello solicitaron a Augas de Galicia a limpeza dos regatos que desembocan na praia e teñen en estudo un proxecto para mellorar o saneamento na parroquia.

A presidenta da asociación, Ángeles Méndez, manifestou a súa satisfacción polo cambio de cor da bandeira, que agora é amarela, xa que agora os usuarios do areal están correctamente informados sobre a situación das augas. Ata onte a bandeira era verde, polo que se daba a entender que as augas eran aptas para o baño. Unha información “contradictoria”, como sinala Méndez, xa que dese finais de xuño as analíticas advirten que a calidade das augas é “insuficiente”, polo que recomenda “non bañarse”. Con todo, este cambio de cor da bandeira non resolve os problemas de salubridade das augas, polo que esixen do Concello unha “solución” aos vertidos en Arealonga. Méndez denuncia que tanto a depuradora de Teis como os regatos que desembocan na praia ocasionan vertidos, que deben ser eliminados. Desde a consellería de Medio Ambiente fan un chamamento de calma á poboación. O edil Miguel Ángel Álvarez afirma que a situación das augas “é a mesma que a dos últimos anos” e que malia que se desaconsella o baño “nunca se rexistraron problemas de saúde”, e advirte que se a situación fora de risco “o baño estaría prohibido”. Para paliar esta situación na praia, desde o Concello solicitaron a Augas de Galicia a limpeza dos regatos que desembocan na praia, para detectar posibles vertidos. Tamén están a estudar, xunto con Aqualia, un proxecto para ampliar o saneamento na parroquia, desde a Avenida de Redondela, na contorna do Centro de Saúde, ata a desembocadura do regato na praia.  

Ángeles Méndez presidenta da AA.VV.
Para os veciños trátase dun problema de saúde pública polo que esixen que a información non sexa contradictoria.
Os veciños demandan unha solución aos vertidos
Méndez esixe que o Concello tome medidas para acabar coa contaminación na praia.
Miguel Angel Álvarez edil de Medio Ambiente
O concelleiro fai un chamamento á calma e afirma que a situación do areal é a mesma que nos últimos anos.
Medidas para eliminar vertidos
O Concello solicitou a limpeza dos regatos e ten en estudo ampliar a rede de saneamento na zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará