Esta iniciativacelébrase por sexto ano consecutivo. A hora cero será ás 16.00 horas (hora española), momento no que desde todo o mundo haberá que “retuitear” o “hashtag” #biblioteca. Desde a Biblioteca de Redondela convidan a todos os veciños a participar.
O que comezou sendo un reto que semellaba inalcanzable en 2009, posicionar a #biblioteca entre os trending topics de Twitter, converteuse nunha realidade nos anos seguintes. En 2013 un total de 5.412 usuarios únicos de todo o mundo e 30.913 tuits acadaron o trending topic a nivel mundial, e tamén nalgúns países coo España, Chile, Colombia e México. Desde a Biblioteca de Redondela sinalan que, malia que o reto está xa acadado, segue a ser igual de emocionante que o primeiro día convocar a tantas persoas “que cren no valor das bibliotecas” e que os bibliotecarios de todo o mundo traballen por un obxectivo común.