Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos optan a axudas da Rede Natura

RR_Noticias

A Xunta destina 1,8 millóns a 215 concellos en Rede Natura para preservar ecosistemas e recuperar patrimonio. Na área metropolitana de Vigo son un total de 22 os municipios que optan a estas axudas, entre os que están todos os da comarca de Redondela.

A conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, informou que as subvencións financiarán o 100% do custo cun importe máximo de 20.000 euros por proxecto. Así, só se admitirá unha única solicitude de axuda e un único proxecto para un único grupo de actividades por consistorio. Ademais, avanzou que nesta liña existe a posibilidade de recibir un anticipo do 50% do proxecto. A Rede Natura 2000 abarca o 12% da superficie galega, case 400.000 hectáreas, e divídese en dous tipos de áreas: zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e zonas especiais de conservación (ZEC).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará