Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A última analítica indica que as augas da praia de Arealonga son aptas para o baño

RR_Noticias

O Concello, responsables de Sanidade e veciños de Chapela mantiveron unha xuntanza técnica para aclarar o estado das augas deste areal. O Concello realiza analíticas cada 15 días, e a última mostraxe indica que a situación da auga está dentro dos parámetros permitidos.

A Xefa Territorial de Sanidade, Ángeles Feijoo e a Xefa da Sección Ambiental, Mercedes Domonte mantiveron en Redondela unha xuntanza con Teresa París, alcaldesa accidental, e o concelleiro de Medioambiente, Miguel Ángel Álvarez, xunto cos representantes da Asociación de Veciños de Chapela. O obxectivo deste encontro era “disipar as dúbidas e desconfianzas que tiveron lugar nos últimos días sobre a calidade das augas en Arealonga”. Dende a Delegación de Sanidade quixeron deixar claro que a colocación de este cartel debese a obrigatoriedade que marcan as directrices Europeas, xa que fan referencia a unha fórmula que se calcula sobre as analíticas feitas nos catro últimos anos, e que o dar un resultado insuficiente fai que durante toda a tempada estival teña que aparecer esta recomendación “de non bañarse”. Unha indicación que é independente dos resultados das mostraxes que se efectúan cada 15 días nas praias redondelás. De feito a última analítica realizada en Arealonga ofrece uns resultados que permiten o baño, xa que están dentro dos parámetros permitidos. O Concelleiro de Medioambiente declarou que “os controis que se fan na Praia de Arealonga son para evitar confusión”, pero advertiu que tamén é necesario “tomar conciencia de que na praia desembocan dous regatos os que non debemos verter nada, xa que eses verquidos prexudican a zona de baño e a imaxe da praia”. Tamén avanzou que se van “perseguir” os verquidos ilegais que se fagan e porán en marcha unha campaña de concienciación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará