O Concello de Redondela amplía o prazo establecido nas bases reguladoras da convocatoria do Programa de Axudas de Comedor Escolar para o curso 2014-2015, que foran publicadas no Boletín Oficial da Provincia. Engádense un período de 7 días naturais máis, polo que a data máxima para a presentación da documentación será ata o sábado 16 de agosto.