Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE redondelán demanda a recuperación do parque do Salgueiral para o uso da veciñanza

RR_Noticias

O goberno de Javier Bas retirou as máquinas do parque biosaudable da rúa Salgueiral en xaneiro de 2012. O edil socialista Eduardo Reguera denuncia que dous anos e medio despois o lugar aínda non foi acondicionado para o seu uso público.

O grupo municipal socialista denuncia que agora o lugar “é unha praza degradada, con círculos de terra e herba”, xa que logo de retirarse os aparatos de ximnasia que existían a zona quedou ” no esquecemento”. Reguera advirte que nas inmediacións do parque existen varios establecementos de hostalaría, polo que se debería coidar “algo máis” este emprazamento. Segundo o PSOE “non serían necesarios grandes recursos para arranxar o lugar”, senón tan só “que se acondicione a zona para o uso da veciñanza”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará