Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela inclúese nos Concellos pioneiros no uso do dominio de internet .gal

RR_Noticias

O Concello de Redondela foi seleccionado pola Asociación PuntoGAL no seu Programa Pioneiros, no que asignou os primeiros 93 dominios .gal. As empresas, administracións, fundacións e asociacións que figuran nesa selección foron as primeiras en poder activar un enderezo co .gal.

O número de solicitudes presentadas a este programa superou amplamente as prazas dispoñíbeis, e os 93 pioneiros seleccionáronse segundo criterios de representatividade na sociedade, en función da contribución ofrecida ao lanzamento do .gal e garantindo que todos os sectores sociais estiveran representados. Entre as candidaturas recibidas seleccionáronse 35 para administracións públicas, 15 para empresas e 43 para entidades sen ánimo de lucro. Todos os sectores da sociedade mostraron o seu compromiso para que Galicia teña un identificador de seu na Rede. A xestión para adquirir o dominio para o Concello de Redondela foi desenvolvida pola Concellaría de Novas Tecnoloxías dirixida por Jesús Crespo, en coordinación coa Concellaríade Cultura dirixida por Julio Alonso, da que depende o Servizo de Normalización Lingüística. Segundo explicaba Alonso, o obxectivo principal é facer visible a lingua galega a través do enderezo da páxina web institucional http://www.redondela.gal/, un xeito moi significativo de situar o Concello de Redondela na rede cun identificador propio de orixe. Para o Concelleiro de Cultura é importante que Redondela esté entre os Concellos “que fomentan e promocionan o galego” polo que tratan que en todas as áreas, incluída a informática, “se poida dar un paso máis hacia a información en galego”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará