Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O barítono Augusto Brito e o pianista Arturo Rúa ofrecen un recital no Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

O barítono canario, acompañado polo músico galego, ofrecerá un concerto dividido en tres bloques: música popular española, música cubana e zarzuela. A cita é mañá mércores ás 21.00 horas, con entrada de balde ata completar a capacidade do auditorio.

A actuación encádrase dentro do programa cultural de verán que organiza o Concello de Redondela, e interpretarán un programa con temas populares recollidos por Federico García Lorca, música cubana e obras de Mancini, Carlos Gardel ou Soutullo, entre outros. Brito asegura que se trata dun concerto “para todos os públicos”, xa que calquera pode gozar destas pezas musicais “fermosas e próximas”. Para o recoñecido barítono canario, o importante é escoitar as pezas “e poder emocionarse deixando que a música nos transporte a outros lugares”. As portas do auditorio abriranse ás 20.00 horas, e a entrada é libre ata completar o aforo.  

Augusto Brito barítono
O artista canario fala do concerto.
Música para todos os públicos
Brito anima a todo o público a achegarse ao recital.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará