Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un obradoiro de papaventos para festexar a Bandeira Azul da praia de Cesantes

RR_Noticias

  A Concellería de Medio Ambiente de Redondela continúa co programa de actividades para celebrar o histórico galardón da praia da Punta. Mañá xoves organízase un obradoiro de papaventos para rapaces de 5 a 14 anos. Haberá premios para todos os participantes.

A cita é na praia, a carón da bandeira azul, ás 10.00 horas, e poden participar todos os rapaces que o desexen. A actividade está organizada pola empresa de educación ambiental Estela, que prepara un obradoiro para que os nenos realicen o seu propio papaventos con material de reciclaxe, papel, madeira, cartón, plásticos, cordel, etc. Anxo Rajó, un dos organizadores, salienta que se trata dun bo xeito de que os rapaces gocen dunha actividade ao aire libre ao tempo que fan o seu propio xoguete con material de refugallo, deixando voar a súa imaxinación. Haberá agasallos para todos os participantes, con mención especial para as cometas máis orixinais e as que mellor voen. O remate da actividade está prevista para as 14.00 horas. Cesantes volverá ser protagonista das actividades o sábado, día 23, cunha ruta guiada desde a praia ata Soutoxuste. O punto de partida será a praia da Punta, e desde alí farán un percorrido por zonas de litoral e monte, para descubrir espazos de gran valor natural e paisaxístico. Rajó explica que se trata dunha zona protexida a nivel europeo pola Rede Natura, xa que é punto de parada de moitas aves. Un roteiro descoñecido para moitos veciños, e que agocha verdadeiros “tesouros” vexetais e animais. A cita é ás 10.00 da mañá, e o remate está previsto para as 14.00 horas. Desde a empresa Estela aseguran que se trata dun percorrido “apto para todos os públicos” xa que a marcha se fai a un ritmo tranquilo para que todos os asistentes poidan realizalo sen esforzo.  

Anxo Rajó organizador
Os rapaces participarán nun obradoiro para facer o seu propio papavento e logo faranos voar na praia.
Ruta da praia a Soutoxuste
Os participantes farán un percorrido guiado por biólogos e naturalistas para coñecer a riqueza da flora e a fauna da zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará