Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia un “retroceso” na inversión en saneamento en Redondela nos últimos tres anos

RR_Noticias

O grupo nacionalista sinala que a inversión media anual do goberno de Javier Bas está “moi por debaixo dos 600.000 de mandatos anteriores”. Para o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González, a valoración en canto á inversión realizada no saneamento “non pode ser máis desalentadora” cunha parálise “case absoluta”.

O Bloque salienta que antes da chegada ao goberno local do PP, cada ano o saneamento do municipio contaba cun ritmo de inversión superior aos 600.000 euros anuais, chegando nalgún momento ao millón de euros. Unha mostra, sinala González, “do compromiso do BNG polo saneamento”, que permitiu a chegada deste servizo básico “a todas as parroquias de Redondela”. Agora denuncian que para o actual goberno local o saneamento “non é unha prioridade”, xa que hai varios proxectos “conxelados” desde o ano 2013 para diferentes parroquias, como Vilar, Cabeiro, O Viso ou Cedeira, cunha inversión que supera os 300.000 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará